A Comunidade Europea non ten ningún interese en afondar nos temas que preocupan aos galegos, em umha palabra non gosta de Marinheiros, Gandeiros e Labregos, o deles e que se vendan carros de luxo e tecnoloxía.
De sobra saben por donde face auga a economía e por donde se dispara a inflación, pero eles ao seu, xuros para diante e que se foda a economía e mai-las empresas.
Lémbrome de cando as parexas decían que lhes saia mais rendibles pagar os xuros e amortizacións de un andar que alugalo, isto foi a mais e tornouse numha crenza popular.Despois viu o Lobo, os vendedores de materiais de construción, os Construtores e promotores mai-los Bancos empezaron o seu agosto persoal sen que ninguén lhe regulase as subas, pasouse de branco a amarelo en pouco tempo e agora estamos afogados.
O mesmo ocorreu na pesca, deuse dinheiro para construír novos barcos e así manter por uns anos o sector da Construción Naval e agora a comunidade segue sen protexer a estas inversións xa que demorou a regulamentación das importacións de peixes por mais 18 meses.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada